A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO
De qué trata el libro
Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén un libro para a acción, para cambiar as cousas. Aquí non houbo Guerra Civil, senón un auténtico xenocidio. Como sinala o xuíz Garzón, “un plan sistemático e preconcibido de eliminación de opoñentes políticos a través de múltiples mortes, torturas, exilio e desaparicións forzadas de persoas”, con máis de 5.000 asasinados polo fascismo en toda Galiza e máis de 600 na comarca da Coruña. Aquí houbo campos de concentración, os franquistas roubaron miles de nenas e nenos ás súas familias sen que o Goberno se implique na súa recuperación, aínda quedan máis de cen mil persoas nas fosas de todo o Estado... Non podemos esquecer! A chamada Transición, moi valorada polo paso pacífico dunha ditadura á democracia, tivo aspectos moi negativos, como o pacto de silencio dos principais partidos para deixar de lado o tema das vítimas do franquismo e a conversión, na práctica, da Lei de Amnistía nunha impunidade dos crimes do franquismo. Este libro é un acto de xustiza con todas as persoas que deron a súa vida ou sufriron a represión franquista e que foron xermolos de paz e liberdade.
Accede a las opciones del libro
¿Te interesa este título? Revisa aquí cómo acceder a las opciones de descarga.
Valoración
Otros libros de Historia
Últimos Libros
La familia, un valor cultural
María Del Pilar Zeledón Ruiz
¡Ya no quiero decir NO!
Neva Milicic
La industria del creer
Joaquín Algranti
El estigma de la enfermedad mental y la psiquiatría
Marcelo Cetkovich Bakmas







