Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil
De qué trata el libro
Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de achegas arredor do multiculturalismo e a representación da indentidade na Literatura Infantil e Xuvenil, destinadas fundamentalmente aos mediadores entre o libro e os seus receptores e que pretenden converterse nun material de consulta útil á hora de desenvovler o seu labor. Tras dunha reflexión teórica arredor do tema proposto, o libro inclúe unha selección de obras pertencentes ao marco ibérico e a outros ámbitos lingüisticos que achegan elementos para unha interpretación da multiculturalidade, da convivencia do diverso, dende perspectivas como o contacto entre culturas, a recreación de situacións de convivencia ou de conflito, o tratamento das diferenzas e as transformacións que se operan na vida cotiá ou a presentación das particularidades que axudan ao coñecemento de culturas alleas. Catorce destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores unha serie de claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.
Accede a las opciones del libro
¿Te interesa este título? Revisa aquí cómo acceder a las opciones de descarga.
Valoración
Otros libros de Ficción
Últimos Libros
España y América en el Bicentenario de las Independencias
Casajús, Lucía
Roma generadora de identidades
Collectif
Movimiento y lenguajes transversales para aprendizajes saludables
Gerard Arlandes Mañà
El futuro por decidir
Christiana Figueres







